viernes, 11 de septiembre de 2009


“Trato de facer dúas cousas boas ao ano e asistir á gala é unha delas”


Xosé Luis Bernal, “Farruco”, é un dos presentadores de Vivir Aquí. El actor Xosé Luis Bernal, popularmente coñecido polo seu personaxe de “Farruco”, estará o vindeiro domingo respaldando a Gala do Día Mundial do Alzheimer. Compartirá escenario con dous compañeiros e amigos, Isabel Blanco e Avelino González.
.
Ohumorista Xosé Luis Bernal visitará Vilagarcía por unha boa causa. A pesar da súa axetreada axenda e da voráxine da súa actividade televisiva asegura que “sempre hai un oco para unha boa causa”. O motivo non pode estar máis que xustificado: A celebración da Gala do día Mundial do Alzheimer.
.
­¿Coñece persoalmente a cidade de Vilagarcía?
­Non somentes a visitei en numerosas ocasións como a praia de Compostela, únenme lazos entrañables co lugar. O meu avó paterno foi un dos que instalou as vías do tren que une Cornes e Carril. Ademais, en Trabanca Badiña viviu gran parte da miña familia. por tanto, volto a unha dos meus fogares.
.
­O vindeiro domingo actuará na Gala do Día Mundial do Alzheimer organizada por Afasal. ¿Cal é a principal razón que o motiva a estar neste acto?
­Tódolos anos me propoño facer alomenos dúas cousas boas. Trato de atopar un oco na loucura da miña actividade televisiva para poder facer algo altruísta polos demais. Esa é a principal razón que me motivou a dicir que sí a Afasal e querer estar o domingo en Vilagarcía.
.
­Virá acompañado de “Farruco” e dalgún máis. ¿Non, si?
­Sí, por suposto. Ese personaxe que xa supera á miña propia identidade non faltará no espectáculo que teño preparado, pero tamén estarán o “Cabo Mosteiro”, un garda civil á antiga usanza, e o “Pai Conservando”, feito a machada e martelo. A miña actuación estrá reducida porque xa me advertiron que non temos moito tempo, pero tratarei de facelo o máis completo posible.
.
­¿Chegará xusto para a gala ou daralle tempo a dar un paseo pola cidade antes da actuación?
­Pois a verdade é que estou bastante xusto de tempo. De feito, estou invitado a unha exposición do primeiro ferrocarril en Galicia e por iso non poderei chegar a ta pouco antes da gala. Pero se puidera estar aquí a miña primeira parada sería no bar “Farturas” de Carril onde saborearía ese viño fresquiño que teñen e tomaría un pratiño de camaróns.
.
­¿Que lle diría á xente que aínda non ten claro se ir ou non á Gala do Día Mundial do Alzheimer do vindeiro domingo?
­Os que veñan vano pasar de medo e ademais van colaborar cunha boa causa. Eses son os principais motivos polos que vilagarciáns e xente de fóra non se deberían perder a gala. Seguro que haberá moita xente.
.
­Vai compartir escenario con Isabel Blanco e Avelino González (“Miñato”, de Padre Casares).
­Son dous grandes amigos e compañeiros. Ademais, teñen un grande corazón e espírito caritativo. Actualmente, comparto traballo con Avelino González en “Padre Casares” e a verdade é que é un pracer poder traballar con el. Ambos sempre están dispostos a colaborar cunha boa causa e iso dan a talla das persoas que son.
.
Por cortesía de http://www.diariodearousa.com/ 11-09-2009

No hay comentarios:

Publicar un comentario