viernes, 17 de abril de 2009

Afasal inaugura a nova sede con capacidade para 20 enfermos.
.
O colectivo organizou unhas xornadas de portas abertas, durante as tardes da semana que vén, para dar a coñecer as novas instalacións.

Un ano despois de que se creara a asociación de enfermos de familiares de alzhéimer, o colectivo inaugura a súa nova sede. O local está ubicado na rúa López Ballesteros número 9 de Vilagarcía. Ata alí poderán desprazarse os enfermos de alzhéimer que desexen colaborar nalgún dos talleres, organizados polo colectivo para frear os síntomas da enfermidade.

Amais de tentar frear o avance da doenza, nos pacientes, Afasal trata de ofrecer un descanso aos familiares, que poderán deixar aos enfermos na sede da asociación, durante o horario de desenvolvemento dos talleres. Afasal tamén ofrece asesoramento, información e apoio psicolóxico aos coidadores dos enfermos de alzhéimer.

Sofía Beiras pide a colaboración económica das institucións coa fin de poder ampliar o horario dos talleres, de cara o vindeiro inverno. Polo de agora, o colectivo ten solicitadas varias achegas ao Concello, á Deputación e á Xunta de Galicia. Estas subvencións destinaranse a contratar persoal para mellorar a atención dos enfermos dependentes, que acudan ao centro.

O vindeiro venres, día 24, terá lugar a gala de primavera de Afasal para recadar fondos en favor do colectivo. No evento, que se vai celebrar no auditorio de Vilagarcía, actuarán a Banda Musical do municipio e a coral do Liceo Casino. Os prezos do espectáculo roldan dende os 6 euros da zona máis privilexiada, ata os 3 euros que custa o pase máis económico. As entradas poranse á venda o vindeiro luns en varios establecementos comerciais de Vilagarcía.
.
Canalriasbaixas 17/04/2009

No hay comentarios:

Publicar un comentario