miércoles, 20 de mayo de 2009

Suplantación dun grupo de Alzhéimer para pedir cartos.
.
Un colectivo de enfermos do Salnés denuncia que recadan diñeiro no seu nome.
.
A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer do Salnés (Afasal), con sede na localidade Pontevedresa de Vilagarcía de Arousa, denunciou onte a existencia dun grupo de persoas que empregan o nome do colectivo para pedir cartos polas vivendas do municipio.
.
Así o confirmou a súa secretaria, Dolores García Barros, quen explicou que a asociación "en ningún momento" recorreu a este sistema de captación de fondos para financiar as súas actividades e, por iso, pídenlles ás persoas que sexan vítimas destas peticións económicas que non lle dean diñeiro pensando que vai destinado a Afasal e que avisen ós membros da Asociación.

A noticia saltou o luns á tarde, cando unha das representantes da xunta directiva do colectivo advertiu os seus compañeiros de que varias persoas empregaban o seu nome para recadar diñeiro.
Así as cousas, decidiron remitirlles un comunicado ós medios para que os veciños de Vilagarcía coñezan a situación. Desde Afasal cren que pode tratarse dun grupo de mozos que ven neste "engano" unha forma de facerse cunha cantidade económica.

Dolores García insistiu en que o colectivo só financia a súa actividade a través da celebración de actividades musicais, de humor ou de teatro, e da venda de pasteis e sobremesas caseiras na rúa, sen pedir diñeiro polas casas. A representante de Afasal indicou que están vixiantes e que, se vai a máis, non dubidarán en tomar medidas legais.
.
galicia-hoxe.com 20/05/2009

No hay comentarios:

Publicar un comentario