AFASAL terá acceso a un Citröen Jumpy HDI 92 Combi de nove prazas.
.O vicepresidente da Deputación, José Juan Durán, asinou hoxe dous convenios de colaboración coa presidenta da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFASAL), Sofía Beiras, e co presidente do Club de Remo Vilaxoan, Feliciano Suárez Paz,
que posibilitarán a compra de dous vehículos para o transporte de persoas a estas entidades Segundo explicou Durán, esta acción enmárcase nun plan impulsado pola Deputación en colaboración con Caixanova e Citröen que terá por obxecto a concesión de vehículos a 40 entidades asistenciais e deportivas da provincia sen ánimo de lucro.

Os coches están valorados nun total de 60.000 euros. Deste orzamento, a Deputación asumirá o 23,1%; Caixanova outro 23,1% e, pola súa banda, a entidade automobilística Citröen realizará un desconto no prezo do 30,7% de xeito que, finalmente, o Club e a entidade social asumirán a contía restante, outro23%..
Esta primeira fase da iniciativa conta cun orzamento de 1,2 millóns de euros. Non obstante, segundo avanzou Durán en vista da masiva demanda que tivo este plan pioneiro en Galicia con máis de 110 solicitudes recibidas está prevista unha ampliación de creto co obxecto de facilitarlles a adquisición doutros 40 vehículos a outras tantas entidades.
O vicepresidente comentou finalmente que esta acción, ademais de satisfacer unha demanda recorrente por parte dos colectivos sociais e deportivos da provincia, tamén contribuírá á reactivación económica de sectores clave na economía provincial como é o da automoción e xerar emprego nestes momentos de crise económica.
A presidenta de AFASAL agradeceu esta colaboración que ven a cubrir unha “necesidade prioritaria” da asociación xa que nestes intres “estamos realizando talleres de estimulación e moitos enfermos non podían acudir pola falta dun vehículo de transporte”.
.
Pola súa banda, Feliciano Suárez, presidente do Club de Remo destacou que “sempre destacan o traballo que facemos desde esta entidade deportiva pero, sen embargo, non estamos acostumados a recibir este tipo de colaboracións reais”.
Non é o caso da Deputación, comentou que “tamén colabora con nós noutras accións como serán a próxima celebración das Bandeira de Traíñas e da Bandeira de Bateis”.
Non é o caso da Deputación, comentou que “tamén colabora con nós noutras accións como serán a próxima celebración das Bandeira de Traíñas e da Bandeira de Bateis”.
.
Xornalgalicia 10/02/2009
No hay comentarios:
Publicar un comentario